luns, 20 de maio de 2019

VOCABULARIO DA IDADE MODERNA

Contraposto
Estilo Plateresco
Estilo Herreriano
Heliocentrismo
Antropocentrismo
Imprenta
Indulxencia
Mecenas
Reforma
Contrarreforma
San Benito
Terribilitá
Sfumato
Hugonotes

sábado, 23 de marzo de 2019

A POLÍTICA EXTERIOR DOS REIS CATÓLICOS


Fonte: Memoria de España. RTVE

Contesta:

1. Eran iguais os intereses da monarquía de Castela que os da monarquía de Aragón? Por que?
2. Que papel tivo o Gran Capitán na creación da monarquía autoritaria dos Reis Católicos?
3. Que entendes por política matrimonial?
4. A partir deste vídeo, trata de escribir o tema que reflicta a monarquía dos Reis Católicos. (Voluntario) 

OS REIS CATÓLICOS. A CREACIÓN DUNHA MONARQUÍA MODERNA

TEXTO
"As reformas administrativas proporcionaron a base sobre a que Castela se apoiaría no seu percorrido como potencia mundial. Impuxo un control máis forte sobre o estado tanto no centro como nos municipios (nos que Fernando e Isabel crearon o posto de corrixidor ou gobernador civil) o que impulsou unha estrutura política moi ben organizada, que os casteláns, despois de décadas de interrupción civil, pareceron aceptar sen problemas. Neste proceso, perdeuse algunha liberdade constitucional e Castela nunca conseguiu un goberno parlamentario como o que existía en Aragón".
Henry Kamen, Breve Historia de España
Contesta:
1. O texto correspóndese a unha fonte primaria ou secundaria?
2. Cales foron as reformas das que fala o texto?
3. Isabel e Fernando protagonizaron unha unión dinástica. Explica o que quere dicir esta oración.
4. Como conseguen os Reis Católicos crear unha monarquía  moderna? En que se diferenciaba da monarquía da Idade Media?

A IDADE MODERNA


A Idade Moderna from chuspolo


DEFINE:
Astrolabio
Capitulacións de Santa Fe
Carabela
Cartografía
Casa de contratación
Cheque
Compañías mercantís
Compás
Cuadrante
Encomenda
Fugger
Gremio
Letra de cambio
Mita
Portolano
Ruta da seda
Sociedade estamental
Tratado de Tordesillas

CARTA DE COLÓN


"Señor, porque sei que teredes pracer da gran vitoria que o Noso Señor me deu na miña viaxe, escríbovos esta, pola cal saberedes como en 33 días pasei das illas de Canarias ás Indias coa armada que os ilustrísimos rei e raíña nosos señores me deron, onde eu achei moi moitas illas poboadas con xente sen número; e delas todas tomei posesión por Sus Altezas con pregón e bandeira real estendida, e non me foi contradito. Á primeira que eu achei púxenlle o nome San Salvador a conmemoración da Súa Alta Maxestade, o cal marabillosamente todo isto deu; os Indios chámana Guanahaní; á segunda púxenlle o nome illa de Santa María de Concepción; á terceira Fernandina; á cuarta a Isabela; á quinta a illa Juana, e así a cada unha nome novo."


EXERCICIO: Realiza o comentario do texto anterior.

ECONOMÍA NA IDADE MODERNA

 ECONOMÍA NA IDADE MODERNA








RESPONDE:
1. En que se baseaba a economía europea durante a Idade Media?
2. Que cambios económicos se producen na Idade Media?
3. Que permitiron as cruzadas?
4. Que consecuencias tivo que o imperio Otomán tomase Constantinopla?
5. Que tipo de estados xorden en Europa durante a Idade Moderna?
6. Que era o mercantilismo? Cita tres trazos fundamentais que o caracterizan.
7. España foi un imperio entre os séculos XVI-XIX, pero, a onde ía a riqueza que lle chegaba das colonias?
8. Que tres tipos de colonización se citan no vídeo?
9.Cal era a forma de goberno que había na Idade Moderna?
10. Cales eran as formas de pensamento que había na Idade Moderna?