sábado, 23 de marzo de 2019

OS REIS CATÓLICOS. A CREACIÓN DUNHA MONARQUÍA MODERNA

TEXTO
"As reformas administrativas proporcionaron a base sobre a que Castela se apoiaría no seu percorrido como potencia mundial. Impuxo un control máis forte sobre o estado tanto no centro como nos municipios (nos que Fernando e Isabel crearon o posto de corrixidor ou gobernador civil) o que impulsou unha estrutura política moi ben organizada, que os casteláns, despois de décadas de interrupción civil, pareceron aceptar sen problemas. Neste proceso, perdeuse algunha liberdade constitucional e Castela nunca conseguiu un goberno parlamentario como o que existía en Aragón".
Henry Kamen, Breve Historia de España
Contesta:
1. O texto correspóndese a unha fonte primaria ou secundaria?
2. Cales foron as reformas das que fala o texto?
3. Isabel e Fernando protagonizaron unha unión dinástica. Explica o que quere dicir esta oración.
4. Como conseguen os Reis Católicos crear unha monarquía  moderna? En que se diferenciaba da monarquía da Idade Media?

Ningún comentario:

Publicar un comentario