sábado, 23 de marzo de 2019

CARTA DE COLÓN


"Señor, porque sei que teredes pracer da gran vitoria que o Noso Señor me deu na miña viaxe, escríbovos esta, pola cal saberedes como en 33 días pasei das illas de Canarias ás Indias coa armada que os ilustrísimos rei e raíña nosos señores me deron, onde eu achei moi moitas illas poboadas con xente sen número; e delas todas tomei posesión por Sus Altezas con pregón e bandeira real estendida, e non me foi contradito. Á primeira que eu achei púxenlle o nome San Salvador a conmemoración da Súa Alta Maxestade, o cal marabillosamente todo isto deu; os Indios chámana Guanahaní; á segunda púxenlle o nome illa de Santa María de Concepción; á terceira Fernandina; á cuarta a Isabela; á quinta a illa Juana, e así a cada unha nome novo."


EXERCICIO: Realiza o comentario do texto anterior.

Ningún comentario:

Publicar un comentario