sábado, 13 de febreiro de 2016

COMO FACER UN COMENTARIO DE TEXTO HISTÓRICO

A) FASE PREVIA DE PREPARACIÓN

Ø  Facer unha lectura detida do texto.
Ø  Anotar as ideas fundamentais que logo servirán para a análise.

B) COMENTARIO E ANÁLISE DO DOCUMENTO

1. CLASIFICACIÓN.

A) Natureza temática do texto (tipo de texto):

Pola súa forma pode ser:

Ø  Texto xurídico: lei, tratado, constitución, ...
Ø  Texto histórico - literario: memorias o recordos de contemporáneos, artigos de prensa, autobiografías, cartas, novelas, ensaios históricos, diarios, relatos de viaxes, etc.
Ø  Texto histórico - circunstancial ou narrativo: informes económicos e sociais, resolucións ou declaracións gobernamentais, instrucións ou despachos oficiais, proclamas e manifestos políticos, discursos parlamentarios, etc.
Ø  Texto historiográfico: obras de historiadores que xulgaron con posterioridade os feitos, e as obras de historiadores actuais.

Polo seu contido pode ser:

Ø  Estatístico, económico, político, social, cultural, de hemeroteca, filosófico, xeográfico, teolóxico, relixioso, etc.

Pola súa orixe pode ser:

Ø  Fonte primaria: cando son documentos de época
Ø  Fonte secundaria: como son os textos historiográficos, extraídos de obras de historiadores máis ou menos actuais e textos de prensa tanto actual como coetánea aos feitos.

B) Autor o autores: o normal é que apareza citado nos textos. Pode ser individual, colectivo o anónimo.

C) Destinatario: hai que indicar quen recibe a mensaxe (unha persoa, a colectividade, un grupo restrinxido, etc.)

D) Intencionalidade: 
cal é a importancia da fin ou intención que se persegue, distinguindo entre o "fin perseguido" e o "fin logrado", o que conduce a valorar as consecuencias ou repercusións, así como la significación histórica do documento.

E) Circunstancias históricas: resulta de especial importancia situar o texto no espazo e no tempo. Datación cronolóxica, lugar e data de redacción. O momento histórico: breve panorámica sobre a época no que o texto está escrito. Se o texto fala dunha época anterior, situaranse os dous momentos históricos  (o narrado no texto e o da época no que se escribe o texto).

2. ANÁLISE.

Ø  Definición e precisión dos termos, nomes de institucións ou de personaxes e palabras cun significado especial que aparezan no texto.
Ø  Tema
Ø  Ideas principais 
Ø  Ideas secundarias a partir de las principais.

3. COMENTARIO.
Neste apartado hai que relacionar o texto coa situación histórica á que fai referencia. É o momento de aplicar a extensión dos nosos coñecementos ao texto seguindo esta orde:
  • límites cronolóxicos
  • antecedentes(causas e circunstancias que orixinan o alcance do texto)
  • os feitos(contidos históricos do texto)
  • consecuencias(todo o máis importante que se deriva del)
  • valoración e crítica do texto(o alumnado pode facer estimacións persoais sempre que estean ben fundamentadas e sexan obxectivas)

4. CONCLUSIÓN
      Demostrar capacidade de síntese, facendo unha última valoración xeral. 

ERROS QUE HAI QUE EVITAR

1. Digresión:  HaI que evitar la dispersión, afastándose das ideas do texto (non sería válido "contar" o resumo do tema)

2. Paráfrases: É unha simple repetición máis ou menos elaborada do texto, non achega nada positivo en si mesma, non di nada novo. Non se poden copiar as palabras do autor, pódense citar. NON SE PODE COMENTAR UN TEXTO HISTÓRICO SEN ESTUDAR PREVIAMENTE O TEMA AO QUE CORRESPONDE.

3. Personalismo: as redaccións ou os escritos conteñen expresións en primeira persoa (opino, sei, direi, paréceme, etc). É mellor empregar a forma impersoal ou el chamado plural de cortesía (diremos, sábese, opinamos, opínase, dise, parece que, etc).


Ningún comentario:

Publicar un comentario