venres, 26 de febreiro de 2016

COMENTARIO DE TEXTO


"Carlos V comezara a contar con ouro da península (en 1540 escribiu: "só podo ser mantido polos meus reinos de España"), e as casas europeas de bancos, mandadas pola empresa Habsburgo de Fugger, abriron sucursais en España, a causa das débedas imperiais dos reinos españois. Os fondos que chegaban de América foron usados para cubrir os gastos de política exterior."

Henry Kamen, Breve historia de España, 2009

Comenta o texto:
a) Indica o tema.
b) Fai unha breve explicación.
c) Indica que tipo de texto é (fonte primaria ou secundaria)
d)Fíxate,  con que parte ou partes do tema relacionarías o texto? (isto é o que hai que desenvolver)

luns, 22 de febreiro de 2016

A IMPRENTA: DIFUSIÓN DO HUMANISMO

"Ao dispoñerse de moitos libros, foi grande o avance da alfabetización, e a capacidade de ler e escribir expandiuse cada vez máis fóra do ámbito dos sacerdotes e dos comerciantes. Grazas á imprenta, tamén a información recentemente obtida podía ser transmitida máis rapidamente dunha persoa a outra, de modo que xurdiu unha comunidade intelectual máis eficaz e na interacción que transcendía das localidades e ata das nacións."
ASIMOV, Isaac, La formación de Francia, Madrid, Alianza Editorial, 1982, (tradución)

Debes:
a) Indicar o tema principal

b) Desenvolver o devandito tema

venres, 19 de febreiro de 2016

NICOLÁS MAQUIAVELO.

[…] La experiencia de nuestros tiempos nos hace ver a príncipes que realizaron grandes hechos sin tener en cuenta la palabra empeñada y que, engañando la buena fe de los hombres, superaron al fin a quienes se fundaron sobre la lealtad […]. No puede ni debe un príncipe sensato cumplir su promesa cuando su observancia le perjudica y desaparecieron las razones que se la exigieron. Si todos los hombres fueran buenos, no lo sería este precepto; pero, desde que son malvados y no la observarían con el príncipe, este no debe observarla con ellos. Nunca faltarán a un príncipe razones para ocultar la inobservancia de su promesa. De esto se podrían proporcionar innumerables ejemplos que indicarían cuántas paces y cuántos compromisos han sido vanos por la infidelidad de los príncipes; por esto salen siempre gananciosos quienes mejor han sabido imitar al zorro. Pero es necesario saber disfrazar bien esta naturaleza, y estar muy capacitado para fingir y simular; y tan simples son los hombres y tanto se someten a las necesidades presentes, que quien engaña encontrará siempre a quien se dejará engañar. En consecuencia, no es necesario a un príncipe tener todas las cualidades mencionadas, pero debe aparentarlas. Antes bien, me atrevería a decir que es perjudicial que las tenga y las observe siempre; mientras que, aparentándolas, son útiles. Lo será parecer clemente, fiel, humano, íntegro, religioso, y aun serlo; pero menester es estar siempre con el ánimo dispuesto a proceder de modo contrario, siendo necesario. Debe considerarse que un príncipe, sobre todo si es nuevo, no puede observar todas las reglas por las cuales un hombre es tenido por bueno, encontrándose a menudo en la necesidad, para conservar el Estado, de obrar en contra de la fidelidad, de la caridad, de la humanidad y de la religión. Pero es necesario que él esté dispuesto a plegarse, según lo exijan los acontecimientos y las variaciones de la fortuna y, según lo dije anteriormente, que sepa ser bueno, pudiéndolo, y malo si la necesidad lo impone. Procure el príncipe vencer y conservar el Estado, y los medios serán considerados honrosos y por todos elogiados, porque el vulgo se atiene siempre a las apariencias y a los acontecimientos, y en el vulgo prima el vulgo; los pocos quedan descartados cuando los muchos tienen donde apoyarse. […] Se reconocerá cuán laudable sería que el príncipe tuviera todas las buenas prendas, pero como no pueden poseerse todas, ni aun ponerlas perfectamente en práctica, porque la humana condición no lo consiente, es necesario que el príncipe sea tan prudente que logre evitar los vicios que le desposeerían de su principado; mas, no pudiéndolo, estará obligado a menos reserva cuando se rinda a ellos. Sin embargo, no le espante incurrir en la infamia de los vicios sin los que salvaría difícilmente su Estado, porque, ponderándolo todo, hay cosas que parecen virtudes y causan la ruina si se observan, y otras que parecerán vicios, aunque, si las sigue, supondrán su bienestar y seguridad. […] 
NICOLÁS MAQUIAVELO, El príncipe (1513)

  • Cales son as ideas principais deste texto?
  • Que opina Maquiavelo dos vicios e das virtudes?
  • Que tipo de texto é?
  • A que período corresponde?

sábado, 13 de febreiro de 2016

COMO FACER UN COMENTARIO DE TEXTO HISTÓRICO

A) FASE PREVIA DE PREPARACIÓN

Ø  Facer unha lectura detida do texto.
Ø  Anotar as ideas fundamentais que logo servirán para a análise.

B) COMENTARIO E ANÁLISE DO DOCUMENTO

1. CLASIFICACIÓN.

A) Natureza temática do texto (tipo de texto):

Pola súa forma pode ser:

Ø  Texto xurídico: lei, tratado, constitución, ...
Ø  Texto histórico - literario: memorias o recordos de contemporáneos, artigos de prensa, autobiografías, cartas, novelas, ensaios históricos, diarios, relatos de viaxes, etc.
Ø  Texto histórico - circunstancial ou narrativo: informes económicos e sociais, resolucións ou declaracións gobernamentais, instrucións ou despachos oficiais, proclamas e manifestos políticos, discursos parlamentarios, etc.
Ø  Texto historiográfico: obras de historiadores que xulgaron con posterioridade os feitos, e as obras de historiadores actuais.

Polo seu contido pode ser:

Ø  Estatístico, económico, político, social, cultural, de hemeroteca, filosófico, xeográfico, teolóxico, relixioso, etc.

Pola súa orixe pode ser:

Ø  Fonte primaria: cando son documentos de época
Ø  Fonte secundaria: como son os textos historiográficos, extraídos de obras de historiadores máis ou menos actuais e textos de prensa tanto actual como coetánea aos feitos.

B) Autor o autores: o normal é que apareza citado nos textos. Pode ser individual, colectivo o anónimo.

C) Destinatario: hai que indicar quen recibe a mensaxe (unha persoa, a colectividade, un grupo restrinxido, etc.)

D) Intencionalidade: 
cal é a importancia da fin ou intención que se persegue, distinguindo entre o "fin perseguido" e o "fin logrado", o que conduce a valorar as consecuencias ou repercusións, así como la significación histórica do documento.

E) Circunstancias históricas: resulta de especial importancia situar o texto no espazo e no tempo. Datación cronolóxica, lugar e data de redacción. O momento histórico: breve panorámica sobre a época no que o texto está escrito. Se o texto fala dunha época anterior, situaranse os dous momentos históricos  (o narrado no texto e o da época no que se escribe o texto).

2. ANÁLISE.

Ø  Definición e precisión dos termos, nomes de institucións ou de personaxes e palabras cun significado especial que aparezan no texto.
Ø  Tema
Ø  Ideas principais 
Ø  Ideas secundarias a partir de las principais.

3. COMENTARIO.
Neste apartado hai que relacionar o texto coa situación histórica á que fai referencia. É o momento de aplicar a extensión dos nosos coñecementos ao texto seguindo esta orde:
  • límites cronolóxicos
  • antecedentes(causas e circunstancias que orixinan o alcance do texto)
  • os feitos(contidos históricos do texto)
  • consecuencias(todo o máis importante que se deriva del)
  • valoración e crítica do texto(o alumnado pode facer estimacións persoais sempre que estean ben fundamentadas e sexan obxectivas)

4. CONCLUSIÓN
      Demostrar capacidade de síntese, facendo unha última valoración xeral. 

ERROS QUE HAI QUE EVITAR

1. Digresión:  HaI que evitar la dispersión, afastándose das ideas do texto (non sería válido "contar" o resumo do tema)

2. Paráfrases: É unha simple repetición máis ou menos elaborada do texto, non achega nada positivo en si mesma, non di nada novo. Non se poden copiar as palabras do autor, pódense citar. NON SE PODE COMENTAR UN TEXTO HISTÓRICO SEN ESTUDAR PREVIAMENTE O TEMA AO QUE CORRESPONDE.

3. Personalismo: as redaccións ou os escritos conteñen expresións en primeira persoa (opino, sei, direi, paréceme, etc). É mellor empregar a forma impersoal ou el chamado plural de cortesía (diremos, sábese, opinamos, opínase, dise, parece que, etc).


mércores, 10 de febreiro de 2016

CONCEPTOS QUE DEBEMOS COÑECER DO TEMA 1 DE HISTORIA



1. Antropocentrismo 
2. Capitalismo comercial 
3. Capitulacións de Santa Fe 
4. Contrarreforma 
5. Diplomacia 
6. Embaixadores 
7. Gremio 
8. Heliocentrismo 
9. Imprenta 
10. Indulxencia 
11. Letra de cambio 
12. Mercantilismo
13. Monarquía autoritaria 
14. Nepotismo 
15. Nicolaismo 
16. Reforma 
17. Simonía 
18. Sociedade estamental 
19. Traballo a domicilio 
20. Tratado de Alcaçovas 
21. Xeocentrismo