mércores, 27 de abril de 2016
CONCEPTOS DO SÉCULO XVII
1. Absolutismo
2. Bucaneiros
3. Compañía Holandesa das Indias Orientais
4. Declaración dos dereitos de 1689
5. Empirismo
6. Luís XIV
7. Manufactura
8. Mercantilismo
9. Parlamentarismo
10. Paz de Westfalia
11. Paz dos Pirineos
12. Pirata/corso (diferencia)
13. Racionalismo
14. Valido
domingo, 3 de abril de 2016
PROBLEMAS NO REINADO DE CARLOS I
Fonte: Memorias de España. RTVE
CONTESTA:
1. Define os conceptos de xermanías e de comunidades. Indica a que zonas afectan, que pretendían en cada movemento
2. Quen eran os menestrais?
3. Averigua quen eran os líderes das comunidades.
4. Fai un texto explicativo do reinado de Carlos I no que indiques os principais problemas internos e externos que tivo o monarca. (voluntario)
A UNIFICACIÓN RELIXIOSA DOS REIS CATÓLICOS
Fonte: Memoria de España. RTVE
CONTESTA A ESTAS CUESTIÓNS:
1. Por que o Tribunal da Inquisición era "supranacional"?
2. Que eran os "autos de fe"?
3. Cres que a decisión dos Reis Católicos de expulsar os xudeus foi acertada? Xustifica a túa resposta.
4. Cal foi o papel que desempeñou Cisneros?
5. Tenta facer a partir do vídeo un texto no que reflictas as bases da creación do estado moderno dos Reis Católicos (voluntario)
xoves, 17 de marzo de 2016
CONCEPTOS DA IDADE MODERNA
- Armada invencible
- Audiencias
- Cabidos
- Casa de Contratación de Sevilla
- Comunidades
- Consellos
- Encomenda
- Greco
- Herreriano
- Mariscal Pardo de Cela
- Mouriscos
- Novas leis de Indias
- Plateresco
- Potosí
- Purismo
- Revolución dos Prezos
- Santa Irmandade
- Secretarios reais
- Século de ouro
- Tribunal da Inquisición
- Vicerrei
- Xermanías
mércores, 16 de marzo de 2016
venres, 26 de febreiro de 2016
COMENTARIO DE TEXTO
"Carlos V comezara a contar con ouro da península (en 1540 escribiu: "só podo ser mantido polos meus reinos de España"), e as casas europeas de bancos, mandadas pola empresa Habsburgo de Fugger, abriron sucursais en España, a causa das débedas imperiais dos reinos españois. Os fondos que chegaban de América foron usados para cubrir os gastos de política exterior."
Henry Kamen, Breve historia de España, 2009
Comenta o texto:
a) Indica o tema.
b) Fai unha breve explicación.
c) Indica que tipo de texto é (fonte primaria ou secundaria)
d)Fíxate, con que parte ou partes do tema relacionarías o texto? (isto é o que hai que desenvolver)
luns, 22 de febreiro de 2016
A IMPRENTA: DIFUSIÓN DO HUMANISMO
"Ao dispoñerse de moitos libros, foi grande o avance da
alfabetización, e a capacidade de ler e escribir expandiuse cada vez máis fóra
do ámbito dos sacerdotes e dos comerciantes. Grazas á imprenta, tamén a
información recentemente obtida podía ser transmitida máis rapidamente dunha
persoa a outra, de modo que xurdiu unha comunidade intelectual máis eficaz e na
interacción que transcendía das localidades e ata das nacións."
ASIMOV, Isaac, La formación de Francia, Madrid, Alianza Editorial, 1982, (tradución)
Debes:
a) Indicar o tema principal
b) Desenvolver o devandito tema
venres, 19 de febreiro de 2016
NICOLÁS MAQUIAVELO.
[…] La experiencia
de nuestros tiempos nos hace ver a príncipes que realizaron grandes hechos sin
tener en cuenta la palabra empeñada y que, engañando la buena fe de los
hombres, superaron al fin a quienes se fundaron sobre la lealtad […]. No puede
ni debe un príncipe sensato cumplir su promesa cuando su observancia le
perjudica y desaparecieron las razones que se la exigieron. Si todos los
hombres fueran buenos, no lo sería este precepto; pero, desde que son malvados
y no la observarían con el príncipe, este no debe observarla con ellos. Nunca
faltarán a un príncipe razones para ocultar la inobservancia de su promesa. De
esto se podrían proporcionar innumerables ejemplos que indicarían cuántas paces
y cuántos compromisos han sido vanos por la infidelidad de los príncipes; por
esto salen siempre gananciosos quienes mejor han sabido imitar al zorro. Pero
es necesario saber disfrazar bien esta naturaleza, y estar muy capacitado para
fingir y simular; y tan simples son los hombres y tanto se someten a las necesidades
presentes, que quien engaña encontrará siempre a quien se dejará engañar. En
consecuencia, no es necesario a un príncipe tener todas las cualidades
mencionadas, pero debe aparentarlas. Antes bien, me atrevería a decir que es
perjudicial que las tenga y las observe siempre; mientras que, aparentándolas,
son útiles. Lo será parecer clemente, fiel, humano, íntegro, religioso, y aun
serlo; pero menester es estar siempre con el ánimo dispuesto a proceder de modo
contrario, siendo necesario. Debe considerarse que un príncipe, sobre todo si
es nuevo, no puede observar todas las reglas por las cuales un hombre es tenido
por bueno, encontrándose a menudo en la necesidad, para conservar el Estado, de
obrar en contra de la fidelidad, de la caridad, de la humanidad y de la
religión. Pero es necesario que él esté dispuesto a plegarse, según lo exijan
los acontecimientos y las variaciones de la fortuna y, según lo dije
anteriormente, que sepa ser bueno, pudiéndolo, y malo si la necesidad lo
impone. Procure el príncipe vencer y conservar el Estado, y los medios serán
considerados honrosos y por todos elogiados, porque el vulgo se atiene siempre
a las apariencias y a los acontecimientos, y en el vulgo prima el vulgo; los
pocos quedan descartados cuando los muchos tienen donde apoyarse. […] Se
reconocerá cuán laudable sería que el príncipe tuviera todas las buenas
prendas, pero como no pueden poseerse todas, ni aun ponerlas perfectamente en
práctica, porque la humana condición no lo consiente, es necesario que el
príncipe sea tan prudente que logre evitar los vicios que le desposeerían de su
principado; mas, no pudiéndolo, estará obligado a menos reserva cuando se rinda
a ellos. Sin embargo, no le espante incurrir en la infamia de los vicios sin
los que salvaría difícilmente su Estado, porque, ponderándolo todo, hay cosas
que parecen virtudes y causan la ruina si se observan, y otras que parecerán
vicios, aunque, si las sigue, supondrán su bienestar y seguridad. […]
NICOLÁS
MAQUIAVELO, El príncipe (1513)
- Cales son as ideas principais deste texto?
- Que opina Maquiavelo dos vicios e das virtudes?
- Que tipo de texto é?
- A que período corresponde?
sábado, 13 de febreiro de 2016
COMO FACER UN COMENTARIO DE TEXTO HISTÓRICO
A) FASE PREVIA DE PREPARACIÓN
Ø
Facer unha lectura detida do texto.
Ø
Anotar as ideas fundamentais que logo
servirán para a análise.
B) COMENTARIO E ANÁLISE DO DOCUMENTO
1. CLASIFICACIÓN.
A) Natureza temática do texto (tipo de texto):
Pola súa forma
pode ser:
Ø Texto xurídico: lei, tratado, constitución, ...
Ø Texto histórico - literario: memorias o recordos de contemporáneos, artigos
de prensa, autobiografías, cartas, novelas, ensaios históricos, diarios,
relatos de viaxes, etc.
Ø
Texto histórico - circunstancial ou narrativo:
informes económicos e sociais, resolucións ou declaracións gobernamentais, instrucións
ou despachos oficiais, proclamas e manifestos políticos, discursos
parlamentarios, etc.
Ø
Texto historiográfico: obras de
historiadores que xulgaron con posterioridade os feitos, e as obras de
historiadores actuais.
Polo seu contido
pode ser:
Ø
Estatístico, económico, político, social,
cultural, de hemeroteca, filosófico, xeográfico, teolóxico, relixioso, etc.
Pola súa orixe
pode ser:
Ø
Fonte primaria: cando son documentos de
época
Ø
Fonte secundaria: como son os textos
historiográficos, extraídos de obras de historiadores máis ou menos actuais e
textos de prensa tanto actual como coetánea aos feitos.
B) Autor o autores: o normal é que apareza citado nos textos. Pode ser individual, colectivo o
anónimo.
C) Destinatario: hai que indicar quen recibe a mensaxe (unha persoa, a colectividade, un
grupo restrinxido, etc.)
D) Intencionalidade: cal é a importancia da fin ou intención que se persegue, distinguindo entre o "fin perseguido" e o "fin logrado", o que conduce a valorar as consecuencias ou repercusións, así como la significación histórica do documento.
E) Circunstancias históricas: resulta de especial importancia situar o texto no espazo e no tempo. Datación cronolóxica, lugar e data de redacción. O momento histórico: breve panorámica sobre a época no que o texto está escrito. Se o texto fala dunha época anterior, situaranse os dous momentos históricos (o narrado no texto e o da época no que se escribe o texto).
2. ANÁLISE.
Ø
Definición e precisión dos termos, nomes de institucións ou de personaxes e palabras cun significado
especial que aparezan no texto.
Ø
Tema
Ø
Ideas principais
Ø
Ideas secundarias a partir de las principais.
3. COMENTARIO.
Neste apartado hai que relacionar o texto coa
situación histórica á que fai referencia. É o momento de aplicar a extensión
dos nosos coñecementos ao texto seguindo esta orde:
- límites cronolóxicos
- antecedentes(causas e circunstancias que orixinan o alcance do texto)
- os feitos(contidos históricos do texto)
- consecuencias(todo o máis importante que se deriva del)
- valoración e crítica do texto(o alumnado pode facer estimacións persoais sempre que estean ben fundamentadas e sexan obxectivas)
4. CONCLUSIÓN
Demostrar capacidade de síntese,
facendo unha última valoración xeral.
ERROS QUE HAI QUE EVITAR
1. Digresión: HaI que evitar la dispersión, afastándose das ideas do texto (non sería
válido "contar" o resumo do tema)
2. Paráfrases: É unha simple repetición máis ou menos elaborada do texto, non achega nada
positivo en si mesma, non di nada novo. Non se poden copiar as palabras do
autor, pódense citar. NON SE PODE COMENTAR UN TEXTO HISTÓRICO SEN ESTUDAR
PREVIAMENTE O TEMA AO QUE CORRESPONDE.
3. Personalismo: as redaccións ou os escritos conteñen expresións en primeira persoa (opino,
sei, direi, paréceme, etc). É mellor empregar a forma impersoal ou el chamado
plural de cortesía (diremos, sábese, opinamos, opínase, dise, parece que, etc).
mércores, 10 de febreiro de 2016
CONCEPTOS QUE DEBEMOS COÑECER DO TEMA 1 DE HISTORIA
1. Antropocentrismo
2. Capitalismo comercial
3. Capitulacións de Santa Fe
4. Contrarreforma
5. Diplomacia
6. Embaixadores
7. Gremio
8. Heliocentrismo
9. Imprenta
10. Indulxencia
11. Letra de cambio
12. Mercantilismo
13. Monarquía autoritaria
14. Nepotismo
15. Nicolaismo
16. Reforma
17. Simonía
18. Sociedade estamental
19. Traballo a domicilio
20. Tratado de Alcaçovas
21. Xeocentrismo
martes, 9 de febreiro de 2016
mércores, 27 de xaneiro de 2016
xoves, 14 de xaneiro de 2016
EXEMPLOS DE MAPAS E GRÁFICOS PARA O EXAME
Con estes mapas e táboas podedes practicar a redacción e explicación deste tipo de documentos.
A) EXPORTACIÓN DE VIÑO DAS RÍAS BAIXAS
B) EXPORTACIÓN DE PRODUTOS AGROPECUARIOS
D) EVOLUCIÓN DO TURISMO CHINÉS EN ESPAÑA
CONCEPTOS DO SECTOR TERCIARIO (TEMA 7)
1.
Autoestradas
da información
2.
Balanza
Comercial
3.
Balanza de
Pagos
4.
Bloques
comerciais
5.
Comercio
polo miúdo (minorista)
6.
Comercio por
xunto
7.
Eixes de
transporte
8.
Exportación
9.
Importación
10. Infraestrutura
11. Nodos
12. OMC
13. Rede de transporte
14. Sector cuaternario
15. Sector Terciario
16. Servizos avanzados
17. Servizos banais
18. Servizos privados
19. Servizos públicos
20. Servizos superiores
21. Sistema de transporte
22. Telecomunicacións
23. Transporte intermodal
24. Turismo sostible
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)