sábado, 21 de novembro de 2015

PREGUNTAS DO SECTOR SECUNDARIO

MATERIAS PRIMAS, ENERXÍA E INDUSTRIA


1. Que actividades económicas comprende o sector secundario?


2. Orixe das materias primas. Indica un exemplo de cada unha.


3. Explica a diferenza entre recursos renovables e non renovables.


4. Que son as fontes de enerxía?


5. Impactos ambientais das actividades industriais.


6. Factores que condicionan a localización dunha industria.


7. Diferencia entre a industria nos países desenvolvidos e subdesenvolvidos.


8. Relaciona industria, materias primas e fontes de enerxía.


9. Fala dunha das enerxías tradicionais.


10. As enerxías alternativas.


11. Os problemas enerxéticos.


12. As políticas enerxéticas.


13. As diferentes revolucións industriais: datación e características.


14. Define:
  • parque industrial
  • parque tecnolóxico
  • tecnópole
  • polígono industrial
15. Factores actuais de localización industrial


16. Tipos de industrias actuais

(Lembrade que hai máis...)

xoves, 22 de outubro de 2015

PREGUNTAS QUE HAI QUE SABER SOBRE O TEMA DA AGRICULTURA

ESTAS CUESTIÓNS SON UNHA REFERENCIA PARA ESTUDAR O TEMA (Hai máis)

1. Como condicionan as temperaturas o espazo agrario?
2. Por que as zonas solainas son máis favorables á agricultura que as avesedas?
3. Como condiciona a textura e a porosidade o crecemento das plantas?
4. Diferenza arrendamento e aparcería.
5. Como poden ser as leiras en función dos seus límites?
6. Que é a agricultura de regadío?
7. Diferenza agricultura intensiva e extensiva.
8. Explica a agricultura itinerante ou de rozas.
9. Características da agricultura de mercado e onde se practica.
10. Que son as plantacións? Que tipo de cultivos teñen? Xeograficamente onde se localizan?
11. Que son cultivos hidropónicos?
12. Que é a acuicultura e que vantaxes ten?
13. Tipos de pesca e diferenza entre eles.
14. Como se soluciona o problema das vertentes pronunciadas nos cultivos?
15. Diferenza a gandería nómade e a transhumante.